Denominase Proxecto Sostible de Mantemento e Rehabilitación no Conxunto Monumental e Artístico de Ribadavia.
Conta cun orzamento (I.V.E. incluído), de UN MILLÓN QUIÑENTOS NOVENTA E SETE MIL QUIÑENTOS OITO EUROS para rehabilitación de rúas (1.597.508,50 ) E MÁIS DE 795.000 EUROS para a rehabilitación dun inmoble municipal.
Ribadavia 11 de maio.
A Xunta de Goberno ven de aprobar a presentación deste Proxecto ao amparo da convocatoria do Ministerio de Cultura, pola Orde ICT/1363/2022, de 22 de diciembre, pola que se establecen as bases reguladoras para o Programa de mellora da competitividade e de dinamización do Patrimonio Histórico con uso turístico, correspondente ao exercicio 2022, no marco del Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Brais Fidalgo, portavoz do goberno, manifesta a súa satisfacción pola presentación dun proxecto tan ambicioso e amplo, no que se leva traballado desde o mes de marzo cando saíu a convocatoria.
O Proxecto contempla :
1. A REFORMA DE FIRMES, PAVIMENTOS, EQUIPAMENTOS E INFRAESTRUTURAS EN SEIS RÚAS E PRAZAS DO CONXUNTO HISTÓRICO DE RIBADAVIA.
Rúa Yáñez, Travesía de Santiago, Rúa de Cervantes, Rúa Rodríguez Moure, Praza de San Xoán e Rúa Tomás de Lemos. (1.597.508,50 euros)
2. A REHABILITACIÓN DE UN INMOBLE PARA EQUIPAMENTO TURÍSTICO – CULTURAL NO CONXUNTO HISTÓRICO DE RIBADAVIA na rúa Salgado Moscoso (795.000 euros). Este edificio ata fai un par de anos albergou a sede do Consello Regulador.
O prazo de execución das actuacións previstas descritas estimase en 24 meses.
Desde o Concello, Brais Fidalgo, mostrase optimista sobre a resolución favorable do Ministerio de Cultura e do seu apoio a esta mellora importante da zona monumental de Ribadavia, xa que a concesión destas axudas son en réxime de concorrencia competitiva. O Ministerio na súa convocatoria fíxase como obxectivo promover a mellora da competitividade dos destinos turísticos e potenciar o turismo cultural por parte das entidades locais en bens inmobles do Patrimonio Histórico Declarados Bens de Interese Cultural, como é o caso de Ribadavia, cuxo conxunto conta co BIC desde 1947.