Alfonso Rueda desexa que César Fernández se converta de novo no alcalde tranquilo que Ribadavia necesita para volver prosperar

Manuel Baltar: “Pedimos a confianza dos veciños para inaugurar unha nova etapa de progreso cun goberno sólido e solvente”

César Fernández aspira a conseguir unha maioría absoluta histórica para executar as súas propostas encamiñadas a que Ribadavia sexa un concello referente en Ourense e Galicia

AVANTAR ACTIVIDADES
  • Fronte aos políticos que berran máis, que prometen moito máis e cumpren moito menos, o candidato popular sabe que hai que meditar antes de xestionar, escoitar antes de falar e ser modestos para serlle realmente útiles aos cidadáns
  • Rueda salientou a experiencia política de César como deputado no Parlamento de Galicia e a súa bondade, porque decidiu que merecía a pena deixalo todo por volver á súa terra para mellorala e que os veciños se sintan orgullosos do que Ribadavia pode chegar a ser
  • Esta vila histórica ten a posibilidade de dicirlle adeus aos gobernos multipartitos contra César, que non teñen máis pegamento que a ansia de poder, caracterizados pola política de aceleración e crispación, e darlle a benvida aos gobernos de coa xente e sen excluír a ninguén
  • A humildade do candidato de Ribadavia contrasta prepotencia da Moncloa con Pedro Sánchez, presumindo de que España vai mellor que nunca, aínda que calquera visita ao supermercado ou á gasolineira o desminta, e de Podemos, dando continuamente leccións aos demais: “Falan e falan pero non o fan do prezo da luz, da cesta da compra, de como crear máis emprego ou de como ofrecer máis benestar ás familias. De todo iso sempre se esquecen”
  • Tamén recordou que, os que din ser os máis feministas e exemplares, aprobaron a Lei do ‘só si é si’ con máis de 1.000 agresores sexuais e violadores beneficiados, ademais de rebaixar as penas por corrupción

MANUEL BALTAR: “ESTAMOS A PIQUES DE CONSEGUIR UN RESULTADO HISTÓRICO EN RIBADAVIA”

CÉSAR FERNÁNDEZ: “RIBADAVIA NECESITA A ESTABILIDADE POLÍTICA DA QUE CARECE A DÍA DE HOXE”

  • candidato comprometeuse a traballar sen descanso para conseguir unha maioría que permita ao PP gobernar con tranquilidade e dotar a Ribadavia da “estabilidade política que carece a día de hoxe”
  • Fernández ten retos moi importantes por diante para converter a vila nun concello referente na provincia de Ourense e en toda Galicia: “O potencial é extraordinario e precisase dun goberno de cohesión, sólido e ambicioso para acadar unha maioría absoluta histórica”
  • Entre as súas promesas electorais, destacou a creación dunha nova captación de auga que garanta o subministro a todo o concello e estender toda a rede municipal ás localidades que o demanden. Así mesmo, mencionou a construción dunha nova residencia e un centro de día para os maiores
  • En políticas laborais, apostará por ampliar o solo industrial e impulsar unha política activa de emprego e captación de inversores e empresas que permitan crear postos de traballo
  • O alcaldable tamén remarcou a súa intención de “renovar as instalacións deportivas municipais, modernizándoas e facéndoas acordes ás necesidades da veciñanza”, ademais da promoción da construción de “vivendas sociais e habilitar novas bolsas de solo para albergar novas vivendas unifamiliares”
  • “Ribadavia debe converterse nun lugar único que aposte por desenvolver todos os recursos patrimoniais, naturais, termais e enoturísticos”, concluíu