O ministro de sanidade, José Miñones, acudiu ao colexio de medicos xunto ao candidato á alcaldía do Psdeg-Psoe, Paco Rodríguez, para recoller as demandas dos profesionais

José Miñones destacou a necesidade de flexibilizar as xornadas laboráis dos profesionais do sector sanitario para atender ás súas demandas de conciliación e ofrecer unha mellor calidade asistencial

O envellecemento da poboación e os problemas para o traslado de historiais médicos daquelas persoas que son migrantes foros outros dos asuntos que se abordaron

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 12 de maio de 2023. O ministro de Sanidade, José Miñones; o aspirante á alcaldía de Ourense do PSdeG-PSOE, Paco Rodríguez; integrantes da candidatura coa que a formación concorre ás vindeiras eleccións municipais, entre as que se atopaba a secretaria xeral do partido e número dous da lista, Natalia González; e o subdelegado do Goberno, Emilio Afonso, realizaron un paseo polo casco histórico ata o Ilustre Colexio Oficial de Médicos para afondar en diferentes asuntos.

Ao encontro na sede asistiu a diretiva do ICOMOU –a presidenta da entidade, Pilar Garzón, así como José Luis Jiménez e Alberto Fidalgo– e serviu para intercambiar impresións sobre as diferentes problemáticas no eido sanitario que afectan aos ourensáns e ourensás. Tamén se abordou o papel fundamental da propia institución como garante da profesión médica e a necesidade de reforzar aos facultativos con outros servizos de apoio asistencial ante una demografía altamente envellecida.

O problema da emigración –e a ausencia de historiais médicos daqueles que marcharon por traballo a outras comunidades– e a importancia da implicación das administracións locais para que a cidadanía aprenda autocoidados e e prevención foron outros dos temas que se puxeron sobre a mesa na tarde de hoxe.

Pola súa banda, a directiva do ICOMOU sinaloulle ao ministro a situación asistencial de Galicia en xeral, e de Ourense en particular, pedindo unha maior potenciación da Atención Primaria. Neste senso, Miñones recolleu as súas propostas e indicou que pese a ter ofertado o maior número de prazas MIR da historia, máis de 30 quedaron sen cubrir. “Hai que analizar o carácter multifactorial que desmotiva aos sanitarios que non queren optar pola medicina de familia”, afirmou e engadiu que as novas xeracións, no canto de pedir unha maior retribución económica, precisan conciliar e ter xonadas laborais que ofrezan calidade aos e ás profesionais e aos e ás pacientes.

Finalmente, José Miñones deixou a súa sinatura no libro de autoridades do ICOMOU que, segundo confesou a diretiva, levaba moito sen abrirse.