Arteixo foi a segunda parada do galego de autocross

Antón Muiños, Iago Rodríguez, Antonio López Lence e Isaac Calvo foron os
vencedores do 82º Autocross de Arteixo, segunda cita puntuable para o Campionato
Galego de Autocross.
A proba, que contou con case medio cento de participantes, voltou á “Catedral” para
ofrecer un espectáculo de alto nivel no que a competitividade foi a tónica das catro
categorías.
En -1,600 centímetros cúbicos, primeiro triunfo da tempada para Isaac Calvo, que se
impuxo na final a Martín Castro e a Rubén Uzal.
Despois dunha primeira proba complicada, Antonio López Lence impúxose entre os
participantes da categoría de +1,600 centímetros cúbicos, con Jesús Santos e Daniel
Castro en segundo e terceiro lugar, respectivamente.
Entre os Carcross, victoria para Antón Muiños, nunha competida final na que superou a
Javier Ramilo “Kobas” e a Sergio Bello. Completaron os cinco primeiros clasificados
Maikel Vilariño e Rubén Barreiro.
Por último, entre os Carcross Júnior, victoria para Iago Rodríguez, con Yésica Lorenzo
e Daniel Gayoso completando o podio. Diego García foi o cuarto clasificado desta
competición.