Paco Fumega anuncia a construción dun segundo campo de herba artificial na Uceira.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Programa do PSdeG-PSOE para o goberno do Carballiño: Infraestructuras deportivas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As instalacións deportivas no Carballiño están a pleno rendemento e por iso imos construir un segundo campo de herba artificial na Uceira, imos mellorar a dotación do pavillón Paco Chao e estamos traballando con C.D. Arenteiro e outras administracións para ampliar e modernizar o estadio de Espiñedo.

O Carballiño é un referente en todos os ámbitos deportivos e contamos con clubes que están a desenvolver unha actividade memorable. Apoiamos todas as iniciativas e seguirémolo facendo en todas as modalidades deportivas: fútbol, fútbol sala, tenis, patinaxe, ciclismo, atletismo, motociclismo e rallies, entre outras.

Temos previsto construir un segundo campo de herba artificial na Uceira, mellorar a dotación do Pavillón Paco Chao e traballamos con Club Deportivo Arenteiro e otras administracións para ampliar e modernizar o estadio municipal de Espiñedo.

Son algúns dos proxectos que imos desenvolver de inmediato e aos que incorporaremos outros novos nesta lexislatura.

#PolobendoCarballiño

#PacoFumegaAlcalde

#Coaforzadamaioría