Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

22-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Mariña Arbor Aldea (San Cristovo de Cea, Ourense, 1973)

AVANTAR ACTIVIDADES

Filóloga, investigadora, crítica literaria e profesora titular na Facultade de Filoloxía da USC. Doutora en Filoloxía Románica (en 2001, coas máximas cualificacións) co volume “O cancioneiro de don Afonso Sanchez. Edición e estudo”, que tamén acadou o Premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica.

Na súa estadía no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, centrouse no “Cancioneiro de Ajuda”, estudo que xeraría numerosas publicacións agora consideradas referenciais.

No período 2003-2005 estivo na Università degli Studi di Padova (Italia) para profundar na crítica textual, a codicoloxía e a métrica, que son o cerne da súa traxectoria investigadora. Despois incorporouse á USC para funcións docentes ata acadar en 2021 a condición de profesora titular da Facultade de Filoloxía.

O seu labor investigador levouna a organizar e participar en congresos con ponencias publicadas e avaliadas por sociedades científicas do prestixio da Société de Linguistique Romane ou da Società Italiana di Filologia Romanza.

Publica en revistas de ámbito nacional e internacional, ademais de ser autora de varios libros e múltiples achegas da súa especialidade (a codicoloxía, a crítica textual, a métrica, as cuestións temáticas, a recepción da lírica galego-portuguesa ou a xestión deste patrimonio literario e a súa explotación turística, musical e audiovisual, de cara ao gran público) en obras colectivas coordinadas por investigadores de prestixio internacional ou en coleccións e editoriais de calidade, como Anexos de Verba, a editorial italiana Edizioni del Galluzzo, o Cilengua, a selecta Moleiro Editor ou a especializada Canela.

Como parte do seu labor investigador mantivo estadías no estranxeiro (Coimbra, Roma, Porto, Florencia, Perugia) e mesmo como profesora visitante en universidades da República Checa.

Formou parte do comité científico de diversos congresos internacionais, e tamén pertence ao grupo de avaliadores de revistas como La Corónica, Critica del testo, Verba, Revista de Estudos Galegos ou Revista de Literatura Medieval.

Traballa na web Universo Cantigas e dirixiu o exitoso proxecto interdisciplinar LÍRICA (INTERREG V-A), para a divulgación do patrimonio poético galego-portugués fóra da Universidade, cunha excelente acollida.

A súa produción científica é tan abondosa e son tantas as recollidas en revistas especializadas e volumes colectivos, que resulta imposible recollelas aquí. Da súa obra en solitario destacaremos os volumes “O cancioneiro de don Afonso Sanchez” (USC, 2001), “Cancioneiro da Ajuda” (Washington DC: Virtual Center for the Study of Galician-Portuguese Lyric, 2016) e “Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica” (USC, 2019, 2021).

No tocante ás numerosas publicacións en obras especializadas, o seu traballo máis recente é “Poesía e música na Idade Media hispánica centro-occidental: un crisol de culturas tecido en cobras e sões” no volume colectivo “O eco das estrelas. Música medieval no Camiño de Santiago” (Canela, 2021).





Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “