Manuel Baltar: “A valentía, a ilusión e os proxectos chegan ao Concello do Barco de Valdeorras da man de Noli Núñez e o PPdeOU”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe, no mitin celebrado no Teatro Lauro Olmo e no que tamén participou Ánxeles Vázquez

Realizaremos un estudo económico das potencialidades do noso concello, para desenvolver novas iniciativas que transformen, de verdade, O Barco”, avanza o candidato popular, Manuel “Noli” Núñez

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  • O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación de Ourense destacou esta tarde no Teatro Lauro Olmo que “chegou o momento de deixar atrás a apatía e o conformismo que representa a xestión municipal no Barco de Valdeorras”
  • “Esta vila merece máis, merece distinguirse como unha vila dinámica, sobresaínte na provincia de Ourense e con visibibilidade en Galicia. Algo que hoxe en día, por desgraza, O Barco de Valdeorras non ten”, resaltou Manuel Baltar
  • “Os barquenses saben que o seu concello merece, e necesita, un cambio. Por iso o Partido Popular leva como candidato a Noli Núñez, unha persoa que leva este partido e este territorio moi dentro”
  • “Esta candidatura está disposta a actuar, dende o Concello e a Alcaldía, con ilusión, capacidade de traballo e en coordinación coa Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e, máis pronto que tarde, cun Goberno central presidido polo ourensán Alberto Núñez Feijóo”
  • “Chegou o momento do Barco de Valdeorras, despois dunha etapa caracterizada por un certo pasotismo e certas formas de xestionar fundamentadas polas escusas. A valentía e os proxectos chegan da man de Noli Núñez e o PPdeOU”
  • “O Partido Popular sempre ten no Barco de Valdeorras magníficos resultados nas eleccións xerais, nas eleccións europeas, nas eleccións autonómicas e agora este é o momento perfecto para que este concello se sume ao cambio tan necesario, e que o Partido Popular saberá devolver esta confianza cunha xestión exemplar e ambiciosa”
  • O Plan de Mandato 2127, explicou Manuel Baltar, pon no foco “seguir traballando as potencialidades do Barco e de toda Valdeorras, unha comarca realmente estratéxica para este goberno provincial”

NOLI NÚÑEZ: “APOSTAMOS POR UNHA XESTIÓN MUNICIPAL RIGOROSA E FIABLE PARA REACTIVAR O BARCO DE VALDEORRAS”

  • O candidato popular aposta por unha xestión municipal “rigorosa e fiable” para “reactivar o Barco de Valdeorras, un concello que por desgraza leva anos instalado na parálise”
  • “Realizaremos un estudo económico das potencialidades do noso concello, para desenvolver novas iniciativas que transformen, de verdade, O Barco”, avanzou na súa intervención no mitin desta tarde Manuel “Noli” Núñez, que tamén destacou a “revisión do PXOM”
  • Entre as súas iniciativas estratéxicas, o candidato popular remarca a “construción dun albergue de peregrinos no Camiño do Inverno e a potenciación da industria turística e o deporte”
  • “Asfaltaremos as rúas e reporemos as beirarrúas en todo o concello”, explicou Noli Núñez, que tamén incide na “potenciación do GES de Valdeorras”
  • “Buscaremos novas liñas de colaboración coa Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, para levar a cabo proxectos dinamizadores do territorio”, destacou o candidato popular no mitin celebrado no Teatro Lauro Olmo