Programa de goberno do PSdeG-PSOE para O Carballiño: O Parque municipal

O Parque Municipal é o emblema do patrimonio natural urbano do Carballiño e require un coidado singular que se prevé mellorar nesta próxima lexislatura:

1º Renovación da totalidade do mobiliario con novos modelos de bancos, papeleiras e farolas con lámparas led.

AVANTAR ACTIVIDADES

2º Contratación dun servizo permanente de limpeza, conservación e mantemento forestal durante todo o ano.

3º Renovación completa da área infantil de xogos e ampliación dos aseos públicos.

4º Elaboración dun proxecto para a creación dunha praia fluvial na contorna das Barcias.

#polobendocarballiño

#pacofumegaalcalde

#coaforzadamaioria