Ribeiro en Común propón un debate dos candidatos e candidatas á alcaldía.

Ribeiro en Común enviou por carta esta petición a todas as candidaturas, xa que considera necesario o debate entres os diferentes candidatos e os seus programas como método democrático e de mellorar a información aos cidadáns de cara a súa elección. Esta petición de debate foi tamén trasladada ao Club Artístico de Ribadavia, sede onde se celebrou este debate nas eleccións 2015 e 2019.


Ademais, Ribeiro en Común presentou esta fin de semana o seu programa electoral, amplo, completo e realizable, pero centrando a importancia en cinco medidas urxentes.

AVANTAR ACTIVIDADES

5 medidas urxentes do noso programa:
1. Un novo servizo público da auga: comezando por un NOVO PREGO DE CONDICIÓNS que inclúa INVESTIMENTOS na rede de Ribadavia. 
2. Cambio no departamento de urbanismo QUE DEA SOLUCIÓNS aos veciños e non atrancos: creación dunha nova praza de ARQUITECTURA.
3. Desbloquear as ampliacións das Termas de Prexigueiro.
4. Impulso desde a Alcaldía da nova Residencia de Maiores. 
5. Reforzo do servizo de limpeza viaria e creación do servizo de xardinería.
Para Ribeiro en Común é crucial obter a alcaldía nestas eleccións e poder impulsar todas estas accións de maneira urxente e firme, sen máis dilacións nin atrancos. Falamos de necesidades que os partidos de sempre levan moitos anos sen resolver, a pesar de ser dunha importancia fundamental para Ribadavia e os seus veciños. 
Ribeiro en Común ten un programa e unha candidatura para conseguir unha alcaldía de todos e todas, darlle continuidade aos proxectos realizados e iniciados nestes dous anos, onde se fixo moito en pouco tempo, e impulsar con forza o cambio profundo que o Concello de Ribadavia continúa necesitando.