A Deputación destina 1.087.406 euros para cooperar cos concellos e entidades profesionais, culturais e deportivas

Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (Vicepresidente 1º da Deputación de Ourense); César Fernández Gil (Vicepresidente 2º da Deputación de Ourense); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina Fuentes (Secretario Deputación Ourense);

 A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá no Pazo Provincial baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de 1.087.405, 81 euros en axudas para cooperar cos concellos e entidades da provincia. 

A maior contía deste paquete de achegas, 691.132,81 euros, vai destinada ao financiamento de 15 proxectos de carácter municipal. En concreto, o Concello da Arnoia recibirá 20.000 euros para a organización do XVI Encontro vilas termais da FEMP; o Concello de Bande é beneficiario de 100.000 euros para servizos sociais e 12.000 euros para actividades englobadas na “Xurés Experience”; Boborás contará con 48.000 euros para executar a obra de humanización do contorno da igrexa de Santa Mariña de Moreiras e o Concello de Cartelle, con 15.000 euros destinados a gastos de aloxamento do torneo de fútbol sala. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, o Concello de Leiro contará con 48.000 euros para o proxecto de acondicionamento da rúa Real: A Merca, con 48.000 euros para executar a obra de enterrado do cableado aéreo en Parderrubias; o Concello da Mezquita recibirá 8.893,56 euros para inventariar os bens municipais; o Concello de Padrenda contará con 48.000 euros para executar obras de cuberta do campo da festa en Corgua; San Amaro disporá de 47.984 euros para executar a obra de mellora de camiños nas parroquias de San Amaro e Beariz; e San Xoán de Río, 48.000 euros destinados á execución da obra de mellora de beirarrúas. 

Completando as liñas de colaboración cos concellos ourensáns aprobadas esta mañá, a Xunta de Goberno tamén deu luz verde a unha partida de 27.255,25 euros a favor do Concello de Vilamartín de Valdeorras para obras de emerxencia na estrada O Mazo – Robledo e tres axudas destinadas ao Concello da Veiga -100.000 euros para a primeira fase das obras de emerxencia de renovación integral no sistema de depuración de augas no núcleo de Castromao; 60.000 euros destinados ao cofinanciamento da creación de prazas e parques infantís nos núcleos rurais de Meda, Corexido, Lamalonga e Requeixo; e 60.000 euros para o saneamento en Castroamo e varios núcleos-. 

En colaboración con entidades, as axudas aprobadas esta maña teñen como beneficiarias ao Círculo de Empresarios de Galicia para programa de actividades en Ourense -50.000 euros-; á Asociación Semente Monforte para o concurso de proxectos empresariais -3.000 euros-; á Fundación Carlos Velo para gastos de funcionamento -20.000 euros-; á Asociación Cultural Porta da Cadea para o proxecto “Alberto García Ferreiro” -2.273 euros-; ao Grupo de Desenvolvemento Rural Limia Arnoia GDR10 para gastos de funcionamento -30.000 euros-. Ademais, a Asociación Musical de Trasmiras recibe 17.000 euros e a Asociación Cultural Amigos Camiño Mozárabe – da Vía Plata Ourense, 90.000 euros, para a organización do XII Congreso Internacional de Asociaciones Jacobeas celebrado en Ourense. 

Ademais, no eido deportivo, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda de 121.000 euros para a organización de “O Gran Camiño 2023”; unha subvención de 10.000 euros a favor da Escudería Luíntra para a organización do Rallye Ribeira Sacra; unha axuda de 3.000 euros para o Grupo Cuevas Nogueira Trail para a organización do Trail Ribeira Sacra; e o Club Deportivo Arenteiro, 50.000 euros para gastos de funcionamento e mantemento. 

A Xunta de Goberno tamén aprobou esta mañá o Plan anual de publicacións e a bases reguladoras do concurso para a selección de obras para a súa edición ou coedición pola Deputación correspondente ao exercicio 2023.