A estrutura ourensá conseguiu a vitoria en Regularidad Sport, un segundo en Regularidade60, un quinto absoluto do Europeo e varios podios de categoría
Bo fin de semana para o equipo ourensán Past Autos Racing, que volveu situar a varios dos seus equipos nos postos altos do Campionato de Europa e de España de Vehículos históricos.
Un Rallye complicado e cun alto nivel de participantes que converteu nun reto a presenza dos oito representantes baixo as cores do equipo galego.
O mellor de todos eles foi, novamente, o composto por Antonio Sainz e David de la Puente, que aos mandos do seu Subaru Legacy foron capaces de pelexar cos principais tenores do certame para finalizar na quinta praza do Europeo e na terceira do Nacional.
Antonio Dezcallar e José Antonio Sans foron outro dos equipos destacados no apartado
Nacional, situando o Toyota Celica GT-Four na sexta posición da clasificación xeral.
Tamén no Campionato de España, Santiago Barragán e Francisco Javier Sánchez foron
duodécimos da clasificación xeral.
Fernando Dameto e Sergi Xastre sumaron un novo podio na categoría D2, ademais de finalizar na posición 15 do Europeo e na oitava do Nacional, sumando uns importantes puntos de fronte ao final do certame.
No caso do ourensán Carlos Sampayo, novamente acompañado por Irene Serrano, posición 16 do Europeo, sétimo en E3 e duodécimo no Nacional de Históricos aos mandos do Renault 11 Turbo construído nas instalacións do equipo.
Dentro da modalidade de Regularidade Sport, nova vitoria de Asier Santamaría e Roberto
Rentería, mentres que os canarios Carlos Jorge e Sergio Marrero foron cuartos clasificados.
Gustavo César Alija e Víctor Francisco Suárez foron segundos clasificados en Regularidade co Peugeot 205