Daniel Pena candidato do BNG nos Blancos: “Outra forma de facer política é posible”

Dende o BNG dos Blancos estamos cansos de que novamente se anche o nome do noso concello. A inclusión nas listas dun condenado pola xustiza nas filas do PP é unha mostra máis do pouco respeto que teñen polos veciños e veciñas

Na última lexislatura o cruce de declaracións entre PP e PSOE á conta desta sentenza só nos trae titulares de prensa que nos perxudican como pobo. Plenos de persianas baixadas, insultos, descalificacións, ameazas… Todo isto fai que non nos libremos do estigma de concello-parodia

AVANTAR ACTIVIDADES

Outra forma de facer política é posible a través da exposición de ideas e proxectos para Os Blancos. Dende o BNG dos Blancos cremos na política en positivo. Cremos nos acordos e está claro que tanto PP como PSOE van preferir a confrontación, o ruído e a polémica.