Espazo Común asegura o mellor servizo de conciliación e gratuíto, no caso de gobernar. Fixérono a través do seguinte comunicado:
“Cando hai algo máis dun ano xurdiu a polémica pola intención da Xunta de Galicia de pechar a aula de 3 anos do Colexio do Campo da Feira coa connivencia dun goberno municipal que non moveu un só dedo para evitalo, o que máis destacaba na opinión das familias con nenos era a inmensa eiva do noso concello con respecto á conciliación.
Son moitos os pais e nais que levan aos seus fillos a estudar a outros centros educativos da comarca para poder contar así cunha moito mellores condicións á hora da atención dos cativos nos horarios coincidentes coa xornada laboral.
O Irixo, Cea, Boborás ou San Amaro contan cunhas prestacións moito máis completas neste eido o que provoca a fuga constante de nenos que son censados neses concellos, xunto con algún familiar, a pesares de vivir no Carballiño.
O Concello do Carballiño limitouse a facer unha ampliación do horario incluindo no servizo as tardes, ¡¡¡ata as 6 da tarde!!!
Despois de numerosas preguntas en pleno aínda non foron capaces de explicar o por que deste absurdo que deixa fóra a todas aquelas persoas que traballan de tarde.
Pachi Vázquez, o candidato de Espazo Común á alcaldía do Carballiño ten moi claro que este asunto debe ser unha prioridade absolutra para dar facilidades aos veciños e para captar e fixar poboación xoven”.