Manuel Baltar: “Un goberno municipal forte como o liderado por José Luis González é o que necesita Piñor para seguir medrando”

Hoxe, no mitin celebrado no Centro Social Albarona e no que tamén participou Fabiola García

José Luis González destacou a importancia da colaboración da Deputación e a Xunta para avanzar en proxectos como “unha residencia para os nosos maiores, un espazo para que poidan permanecer no lugar onde viven cos coidados que precisan”

AVANTAR ACTIVIDADES
  • O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación remarcou no mitin, celebrado esta tarde no Centro Social Albarona de Piñor, o traballo desenvolvido por José Luis González ao fronte do Concello
  • “Neste tempo na Alcaldía, José Luis González deu a Piñor a estabilidade, a solidez e a solvencia necesaria para deseñar e acometer novos proxectos, achegando un novo ciclo político que está marcado pola boa xestión municipal”
  • “Ninguén dubida do triunfo do Partido Popular o vindeiro 28 de maio en Piñor. Este equipo medrará en votos e concelleiros porque os veciños saben  que un goberno forte como o presidido por José Luis González é quen de conseguir importantes retos como os que Piñor ten por diante”
  • Manuel Baltar puxo en valor o deseño do programa electoral de José Luis González, “perfectamente realizable co apoio de todas as administracións”
  • “A presenza hoxe de Fabiola García ten tamén un especial foco cando a residencia de maiores é unha das iniciativas estratéxicas para o futuro de Piñor, que será unha realidade”, garantiu Manuel Baltar
  • “Votar futuro en Piñor é, sen dúbida, votar a José Luis González e ao Partido Popular”, remarcou o presidente provincial e candidato á Deputación, que blindou o compromiso do goberno provincial no futuro de Trasmiras
  • “O Plan de Mandato 2127”, destacou Manuel Baltar, “afonda no protagonismo de toda a comarca do Carballiño, un territorio cun enorme potencial e completamente estratéxico para o goberno provincial” 

JOSÉ LUIS GONZÁLEZ DESTACOU INICIATIVAS ESTRATÉXICAS DO VINDEIRO MANDATO, COMO A APROBACIÓN DEFINITIVA DO PXOM, NOVOS PARQUES INFANTÍS OU A APERTURA DO MUSEO DO ATAÚDE

  • José Luis González destacou a importancia da colaboración da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia para avanzar en proxectos como “unha residencia para os nosos maiores, un espazo para que poidan permanecer no lugar onde viven cos coidados que precisan”
  • Entre as iniciativas estratéxicas, o candidato popular avanzou a humanización das prazas dos pobos -“para que a veciñanza teña un lugar de desfrute e encontro”-, a aprobación definitiva do PXOM ou a creación de vivendas municipais, “para axudar a que os nosos mozos queden no seu concello”
  • “Crearemos parques infantís para o desfrute dos rapaces, ademais de apostar por programación de actividades lúdico-deportivas para todas as idades”, explicou o candidato
  • No programa electoral co que o candidato popular preséntase o vindeiro 28-M tamén ocupa un espazo importante o “embelecemento das entradas ao concello e a mellora da accesibilidade, ademais da mellora das vías municipais e a apertura de pistas forestais”
  • “Remataremos proxectos xa iniciados, coma a urbanización do entorno do albergue e o centro social, ademais da apertura do museo do ataúde”, remarcou José Luis González