O PPdeG estrea en redes sociais as conversas ‘Galicia Entre Dous’, nas que o presidente Rueda fala cos candidatos das sete grandes cidades

Marta Fernández-Tapias, Miguel Lorenzo, Manuel Cabezas, Elena Candia, Borja Verea, Rafa Domínguez e José Manuel Rey Varela charlan co líder dos populares galegos

●       O alcaldable de Santiago de Compostela é hoxe o primeiro protagonista

AVANTAR ACTIVIDADES

18 de maio de 2023. O Partido Popular de Galicia estrea este xoves nas súas redes sociais unha serie de conversas, baixo o nome Galicia Entre Dous, nas que o presidente da formación, Alfonso Rueda, fala cos candidatos populares que se presentan ás eleccións municipais nas sete grandes cidades.

Así, a poucos días do 28 de maio, Marta Fernández-Tapias (Vigo), Miguel Lorenzo (A Coruña), Manuel Cabezas (Ourense), Elena Candia (Lugo), Borja Verea (Santiago), Rafa Domínguez (Pontevedra) e José Manuel Rey Varela (Ferrol) charlan co líder do PPdeG, que se interesa na súa parte máis persoal, pero sen deixar de lado as preguntas sobre os plans de futuro que teñen para os seus municipios.

Borja Verea é hoxe o primeiro protagonista, cunha conversa que tivo lugar na cafetería La Planta. O candidato fala co presidente Rueda do seu proxecto de futuro para a cidade, pero ambos tamén teñen tempo para lembrar o seu pasado xuntos na Consellería de Presidencia, na que o alcaldable compostelán foi subdirector xeral.

A charla de Vigo desenvolveuse na cafetería Sete Portas; a da Coruña, no Monte San Pedro; a de Ourense, no restaurante Sanmiguel; a de Lugo, no Hotel Méndez Nuñez; a de Pontevedra, na cafetería Marco; e a de Ferrol, no Gran Hotel.

ONDE VER O ‘GALICIA ENTRE DOUS’ DE BORJA VEREA

Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=fb26OQ07wWI

Facebook: https://www.facebook.com/100042982025784/videos/688705126425467/

Instagram: https://www.instagram.com/reel/CsYStEfPJCQ/?igshid=ZWIzMWE5ZmU3Zg==
Twitter: https://twitter.com/borja_verea/status/1659136576968966148