A Estrada acolle a segunda cita do galego de Rallymix

O Campionato Galego de Rallymix retorna esta fin de semana á actividade (20 e 21 de
maio) coa celebración da segunda proba puntuable, o Rallymix da Sidra da Estrada.

Con 97 equipos no parque pechado da localidade pontevedresa, a segunda cita
puntuable para o autonómico da especialidade contará cos principais favoritos dentro
das dúas clases, ademáis da visita de catro pilotos chegados do Reino Unido.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre os favoritos dentro da Categoría A, o líder do certame Alfonso “Pisko” Ventín, que
terá como principais opoñentes a Abel Jurado, Javier Ramilo, Sergio Fernández ou
Daniel Remuiñán, entre outros, nun Rallymix da Sidra da Estrada que terá a máis de 40
carcross na saída.

Na Categoría B, Manuel Osorio e Alberto dos Reis, aos mandos do Skoda Fabia R5
defenderán o liderato do campionato frente a rivais como José Fernández Gay e
Freddy Carballo (campión en 2022), Celestino e Jorge Iglesias, Tinín Iglesias e Bárbara
Oubel cos Fiesta N5 ou Jaime Pérez e Gonzalo Cardalda co Peugeot 208 R5, entre a
abundante cantidade de vehículos con opcións.

Ademáis, na Pirelli K6, Omar López defenderá o liderato obtido en Touro frente a
outros dez rivais, que seguro apretarán a clasificación no treito marcado pola Escudería
Sanpaio.

Tamén aportarán espectáculo os participantes das distintas agrupacións, con máis de
dez tracción traseira ou cos participantes do Trofeo Pontevedra-Umia-Salnés. A proba dará comezo o sábado 20 de maio as 12:00 horas coa primeira das mangas
oficiais. A continuación, terán lugar as dúas restantes da xornada. Para o domingo, dende as 09:00 horas, a cuarta e quinta manga, para posteriormente realizar a entrega de premios aos mellores equipos do 2º Rallymix da Sidra da Estrada.