Manuel Baltar: “Rebeca Sotelo ten o recoñecemento de todos polo seu traballo e implicación ao fronte do Concello, e o 28-M acadará unha gran maioría absoluta”

Rebeca Sotelo incidiu na súa intervención na aposta pola mocidade: “Temos claro que debemos darlle oportunidades aos mozos para que se asenten no noso concello, e por iso seguiremos a traballar na mellora continua dos servizos básicos”

  • O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación destacou no mitin, celebrado esta tarde na Praza da Tenencia de Cenlle, “a capacidade de traballo e a xestión demostrada por Rebeca Sotelo ao fronte da Alcaldía”
  • “En poucos meses de alcaldesa”, remarcou Manuel Baltar, “Rebeca Sotelo acadou o recoñecemento de todos pola súa implicación e polo seu bo facer, apoiada na súa experiencia no mundo privado e coñecendo tan ben como coñece a política municipal pola súa etapa como concelleira”
  • “Rebeca Sotelo conseguiu reunir a todo o concello de Cenlle en torno a ela e cun partido unido arredor do seu liderado:o vindeiro 28 de maio vai a revalidar a súa posición de alcaldesa grazas a un apoio maioritario dos veciños”
  • “É nova, ten moito futuro e, sobre todo, ten unha excelente interlocución con todas as administracións das que tamén depende o concello de Cenlle, como o goberno provincial, o goberno autonómico e, por suposto, o goberno central cando estea liderado por un ourensán como Alberto Núñez Feijóo, que coñece perfectamente onde está Cenlle e a Rebeca Sotelo”
  • “A Deputación de Ourense sempre estará ao carón de Cenlle, nunha relación na que é fundamental a capacidade dos gobernos do Partido Popular neste Concello para artellar iniciativas que axuden a seguir desenvolvendo o territorio”, garantiu o líder do PPdeOU candidato a revalidar a presidencia do goberno provincial ourensán
  • “O Plan de Mandato 2127”, remarcou esta tarde Manuel Baltar, “delimita a importancia de Cenlle e de toda a comarca do Ribeiro, con proxectos fundamentais como o apoio ao sector primario, o blindaxe dos servizos sociais ou a promoción do enoturismo”

REBECA SOTELO: “CONSOLIDAREMOS A CENLLE COMO UN LUGAR REFERENCIAL PARA O OCIO E O DEPORTE, EN BASE AO MIÑO, O AVIA E A NOSA ÁREA TERMAL”

AVANTAR ACTIVIDADES
  • Na súa intervención desta tarde, a candidata popular puxo en valor a importancia da colaboración da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia para desenvolver novos proxectos estruturais en eidos como as políticas sociais, infraestruturas ou o turismo
  • “Despois de promover recursos de conciliación como a casa niño e a casa do maior, loitaremos por conseguir unha residencia de maiores e incidiremos na mellora da calidade de vida dos nosos maiores, con servizos como o de xantar na casa”, avanzou Rebeca Sotelo
  • Entre outras iniciativas estratéxicas, Rebeca Sotelo sinalou a consolidación de Cenlle “como un lugar referencial para o ocio e a práctica deportiva, en base ao río Miño, o río Avia e a nosa área termal, ademais de seguir apostando pola creación de novas áreas recreativas”
  • “Loitaremos pola recuperación e potenciación das nosas terras, a través dun polígono agroforestal”, remarcou a candidata, que tamén valorou a importancia de avanzar na humanización de todos os núcleos de poboación do concello de Cenlle ou reforzar o acceso a internet
  • “Temos claro que debemos darlle oportunidades aos mozos para que se asenten no noso concello e por iso seguiremos a traballar na mellora continua dos servizos básicos, ademais de manter a prioridade da mellora constante dos dous centros de saúde”