Neste mes de maio, a programación cultural do Carballiño ofrece unha vintena de propostas que terán as Letras Galegas como protagonistas.
Un dos actos estrela deste mes das Letras Galegas foi onte, día festivo na comunidade, na rúa Carreira, ca inauguración por parte do concello dun mural conmemorativo de Francisco Fernández del Riego, intelectual e fundador da Editorial Galaxia ao que se dedica esta edición. O acto contou, como cada ano, coa actuación do alumnado e profesorado do Conservatorio.
Tamén puxo a nota musical ó día o gaiteiro carballiñés Isidro Vidal que aproveitou para presentar o seu novo traballo discográfico “Todo ou Nada” diante da tenda OzocoGz, onde houbo sorpresas por esta data.