O Cine Clube ofrece esta fin de semana un ciclo de cine galego

O Cine Club do Carballiño trae para esta fin de semana unha proxección especial. Trátase dun ciclo de cine galego para desfrutar nesta fin de semana. Por unha banda, o venres proxecta “O home e o can” ás 20:00 horas. A proxección contará ca presenza de Ángel de la Cruz, director do filme; Paula chaves, actriz protagonista e Jaime Fernández, compositor da banda sonos.

O sábado, tamén ás 20:00 horas, será a quenda do filme “O corpo aberto”. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos apaixonados e, ao achegarse o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo o que o rodea mentres crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda.

AVANTAR ACTIVIDADES

E para rematar, a xa coñecida “Matria”, que se proxectará o domingo ás 19:00 horas. Todos os filmes, coma sempre, no Auditorio Manuel María do Carballiño.