Manuel Baltar: “Rubén Quintas é unha aposta segura, un alcalde apoiado pola súa veciñanza que agora obterá a maioría absoluta”

Hoxe, no mitin celebrado na biblioteca de Maceda e no que tamén participou Julio García Comesaña

Na súa intervención, Rubén Quintas avanzou a creación dunha planta de bateas agrícolas, “coa garantía dun total de 122 postos de traballo directos e indirectos”

AVANTAR ACTIVIDADES
  • O líder provincial dos populares ourensáns e candidato á Deputación remarcou no mitin, celebrado esta tarde na biblioteca de Maceda, “o bo traballo realizado por Rubén Quintas ao fronte do Concello”
  • “Rubén Quintas é unha aposta segura, un alcalde apoiado pola maioría da veciñanza que agora obterá maioría absoluta porque a súa xestión está aí”
  • Como exemplo do compromiso do candidato popular, Manuel Baltar destacou de Rubén Quintas o seu papel durante a pandemia, “na que foi sen dúbida un dos alcaldes de toda España que estivo máis ao carón da veciñanza, pendente en todo momento e actuando acorde a criterios emocionais e de atención aos veciños. Algo, sen dúbida, que todos puideron percibir”
  • Ademais do seu compromiso, o líder provincial popular puxo en valor o desenvolvemento de novas iniciativas: “Está a Maceda das obras, a Maceda da aposta pola cultura ou polo deporte, coa escola ciclista ‘José Antonio Hermida’ que é, sen dúbida, unha referencia estatal”
  • “Todo este traballo converten a Rubén Quintas no líder que necesita e merece Maceda”, destacou Manuel Baltar, que antepuxo esta candidatura fronte ao resto: “Ante Rubén non hai ninguén, non hai proxectos, trátase de colaborar entre eles para que el non sexa alcalde”
  • “O vindeiro 28 de maio, Maceda dará unha resposta contundente, porque esta vila necesita seguir por este camiño de solvencia e estabilidade. Unha ruta pola que Rubén Quintas e o seu equipo son unha garantía”
  • “A Deputación de Ourense sempre estará ao carón de Maceda, nunha liña de colaboración na que é chave a capacidade de Rubén e o seu equipo para deseñar proxectos transformadores” 
  • “O Plan de Mandato 2127”, destacou Manuel Baltar, “ten moi en conta as oportunidades e demandas deste territorio, con proxectos enfocados arredor da blindaxe dos servizos públicos, o turismo ou o deporte”

RUBÉN QUINTAS: “FOMENTAREMOS OS PRODUTOS AGROGANDEIROS DA NOSA ZONA, A TRAVÉS DUNHA OFICINA COMARCAL DO GANDEIRO”

  • Na súa intervención desta tarde, o candidato popular agradeceu a colaboración da Deputación e a Xunta de Galicia no desenvolvemento de proxectos estratéxicos 
  • “Crearemos unha planta de bateas agrícolas, con garantía de 122 postos de traballo directos e indirectos”, destacou Rubén Quintas, que no mitin tamén avanzou a “construción da piscina municipal climatizada e a creación dun camping ao carón das piscinas municipais, co obxectivo de ser a Porta da Ribeira Sacra”
  • “Fomentaremos os produtos agrogandeiros da nosa zona, a través da creación dunha oficina comarcal do gandeiro. E implantaremos dous feiras anuais de gando no noso concello, para o fomento dos nosos produtos”
  • Como unha das medidas clave para o próximo mandato, o candidato do PPdeOU en Maceda destacou no mitin a construción dun auditorio municipal e un parquin público no centro da vila
  • “Reforzaremos o Servizo de Axuda a Domicilio, para seguir mellorando a atención aos nosos maiores”, sinalou Rubén Quintas, que tamén incidiu na humanización das rúas e a revitalización das estradas