O Psdeg aposta polo cambio en Leiro

O Psdeg aposta polo cambio en Leiro e por unhas políticas municipais que beneficien a “todos e todas e non só a uns poucos” e poñan fin a 30 anos de “retroceso e declive”

Os e as socialistas avogan polo desenvolvemento económico, polo
emprego, pola mocidade e polos maiores, co obxectivo “dun futuro”
para Leiro e as súas xentes
O candidato, Pedro José González, afirmou que os e as socialistas
“apostamos por outro xeito de facer as cousas e creemos que chegou
o momento do cambio, un cambio que non se pode levar a cabo sen o
voso apoio, polo que o 28 de maio precisamos contar co voso voto
para conseguir, dunha vez por todas, que en Leiro haxa futuro”
Leiro, 21 de maio de 2023. O PSdeG-PSOE aposta polo cambio en Leiro e
por unhas políticas municipais que beneficien a “todos e todas e non só a uns
poucos” e que poñan fina 30 anos de goberno do PP, nos que o “retroceso e o
declive foron a tónica xeral do municipio”. Os e as socialistas avogan polo
desenvolvemento económico, polo emprego, pola mocidade e polos maiores, co
obxectivo “dun futuro” para Leiro e as súas xentes.
As antigas instalacións do cámping de Leiro, un dos exemplos máis notorios do
“abandono” e “decadencia” que vive o municipio, foron testemuña do acto
central de campaña dos e das socialistas de Leiro. Ata aló se desprazaron
ducias e ducias de veciños e veciñas que non quixeron perder a oportunidade
de escoitar o proxecto que o PSdeG-PSOE ten para a municipio da man dunha
candidatura “forte, ilusionada e con moitas ganas de traballar a prol da
veciñanza” e encabezada por Pedro José González, que asume por primeira vez
o reto de ser o cabeza de lista nas eleccións autonómicas do vindeiro 28 de
maio.
O candidato do PSdeG-PSOE, Pedro José González, sinalou durante a súa
intervención que “temos un concello que é o resultado de 30 anos de goberno
do PP, no que Leiro foi a menos, perdendo poboación, negocios, transporte
público e servizos”. Neste senso afirmou que os e as socialistas “apostamos por
outro xeito de facer as cousas e creemos que chegou o momento do cambio,
un cambio que non se pode levar a cabo sen o voso apoio, polo que o 28 de
maio precisamos contar co voso voto para conseguir, dunha vez por todas, que
en Leiro haxa futuro”.
O cabeza de lista do PSdeG-PSOE aproveitou tamén para presentar o seu
programa electoral, incidindo no que considera os puntos “claves” para reverter
a situación de Leiro e transformar o municipio. Pedro José González puxo de
www.psdegpsoeourense.es
988 370 386
Ribeira de Canedo 24-26
32001 Ourense
PSdeGdeOurense
manifesto que os e as socialistas centraranse a partir do 28 de maio en
“apostar pola accesibilidade á vivenda, coa promoción de vivendas sociais e a
rehabilitación; en potenciar o turismo, co apoio ao Camiño Xacobeo, a
recuperación do cámping, o acondicionamento da praia fluvial e o impulso dos
recursos patrimoniais, etnográficos e medio ambientais do municipio; en que os
servizos de asistencia no fogar chegue a toda a veciñanza; pola mellora das
estradas e activación dun bono taxi; polo aforro enerxético; ou pola mellora dos
servizos públicos como a xestión, da auga e o lixo ou mantemento de parques e
zonas de lecer”.
Manuel Rodríguez Vázquez, actual voceiro socialista no Concello e número 2
da candidatura, fixo fincapé en que a veciñanza de Leiro “ten todo o dereito do
mundo a saber como e quen xestiona os recursos públicos, ocultos baixo o
paraugas da privatización e a delegación de competencia municipais”. O líder
dos socialistas de Leiro nas últimas lexislaturas fixo balance do traballo feito,
destacando que nos últimos 8 anos “presentamos máis de 60 iniciativas, que na
súa maioría foron rexeitadas polo Partido Popular, a pesar de que recollían o
sentir da veciñanza e a necesidade de mellorar o seu benestar e as aceptadas,
non foron executadas”.
Rodríguez Vázquez agradeceu á veciñanza e aos compañeiros o seu “apoio” ao
longo dos anos e puxo de manifesto que “agora ábrese unha nova etapa da
man de Pedro, que coñece o traballo realizado e ao que non lle van a faltar
apoios, pois aquí estamos os teus compañeiros para loitar o teu lado e por en
valor este novo proxecto e esta nova forma de xestionar o concello”.
Pola súa banda, a deputada no Parlamento de Galicia, Marina Ortega Otero,
puxo o foco na situación da sanidade pública en municipios como o de Leiro “no
que os recortes, o desmantelamento e a precarización está afectando á
veciñanza deste municipio e impedíndolles gozar duns servizos públicos, dignos
e de calidade”. A parlamentaria socialista tampouco se esqueceu dos problemas
demográficos e sinalou que “Leiro precisa dun goberno socialista que aposte
por reter e atraer poboación e por políticas que permitan fixar emprego e que
as familias poidan facer a súa vida en Leiro, sen necesidade de buscar un
futuro noutros territorios”.
Ortega Otero tamén subliñou a “importancia” do rural, afirmando que “é aquí
precisamente, onde as políticas tocan directamente ás persoas, é aquí onde
pomos nome e apelidos a nosa veciñanza, a que coñecemos de preto, e onde
visualizamos en toda a súa plenitude as debilidades ou fortalezas da
administración”.

AVANTAR ACTIVIDADES