As infraestruturas viarias do casco urbán e das parroquias do rural recibiron nesta pasada lexislatura un pulo moi importante coa execución de numerosas obras de humanización de rúas, beirarrúas, substitución de redes de abstecemento e saneamento, así como de accesos ás parroquias e iluminación con lámparas led, cun orzamento que se achega aos 3 millóns de euros.
Nestes últimos catro anos destacan as obras realizadas nas parroquias de Arcos, Seoane, Veiga, Señorín, Mesego, O Torrón, Mudelos e Partovia, no rural do municipio, mentres nos casco urbán compre destacar a reforma da Rúa Ourense, da Rúa Carreira ou da Rúa Margarita Taboada; a primeira, en proceso de licitación; a segunda, en execución, e a terceira, xa realizada nunha primeira fase e próximo a levarse a cabo o asfaltado final.
>> O proxecto da rúa Ourense suporá o meirande investimento, 1 millón de euros, que aportará integramente a Confederación Hidrográfica o Miño-Sil, e que contempla novas beirarrúas, asfaltado, substitución de toda a rede de abastecemento e saneamento, embelecemento e alumeado.
(Na imaxe, Paco Fumega no centro, xunto con Alberto Otero e Manuel Sotelo, integrantes da candidatura, na rúa Ourense)