
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou 581.607 euros en axudas para cooperar cos concellos.
Deu luz verde a unha subvención de 48.000 euros a favor do Concello de Avión para executar unha obra de mellora de acceso a Taboazas; unha achega de 48.000 euros ao Concello de Boborás para humanizar a Praza da Igrexa de San Pedro Félix de Brúes.
Ademais, o Concello de Ribadavia recibirá 30.000 euros para a organización da Mostra Internacional de Teatro; o Concello de Cenlle, San Amaro e Punxín recibirán cada un 9.000 euros para cofinanciar gastos de bombeo.
Tamén aprobou a resolución do concurso para a concesión de subvencións para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas, cun total de 60.000 euros.