
A piscina Rosario Dueñas, en Ourense, acolle este domingo a VIII edición da Copa Deputación de natación artística, coa presenza de oito equipos de toda Galicia.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, presentou esta mañá a competición no Pazo Provincial acompañado pola presidenta do Clube Natación Sincronizada Ourense -entidade anfitrioa-, Laura Rodríguez; o asesor de Deportes do Concello de Ourense, Aníbal Pereira; a vicepresidenta do Clube Natación Sincronizada Ourense, Alba Lojo; a directora técnica do Clube Natación Sincronizada Ourense, Beatriz Montes; e a representante de Augas de Sousas -entidade patrocinadora-, Iria Pérez.
A cita, que comezará o domingo 28 de maio ás 10,30 horas na Rosario Dueñas, celebrarase dende a categoría escola ata a junior, cunha participación aproximada de 200 deportistas.