O pasado día 20 de Maio, o Centro Galego de Castelló ” O Aturuxo”, coma ven sendo tradicional, sumouse os actos da celebración do Día das Letras Galegas, no que a Galicia exterior celebra esta dfata tan importante da nosa cultura, para elo confecionou un programa de actos, que se desenvolverón no seo da súa entidade social ” O Faiado” do complexo Tetuán XIV.
O escritor, ex director comercial da editorial Galaxia, Fundacion Carlos Casares, secretario do agrupacion Toxos e Froles, Rondalla da Casa de Campo, Asoci San André de Teixido, entre outros, director de revistas culturais de Ferrol e a súa comarca. Pedro Xosé Branco Llano, gran coñecedor da obra de Francisco del Riego, con quen colaborou a traves da editorial Galaxia, realizou unha disertación baixo o titulo de ” Don Paco, xestor de ilusions”.

A parte musical, veu da man do cantautor galego ( Cuntis-Pontevedra). Manoele de Felisa, quen realizou un repertorio variado, musicando versos dos bardos galegos, recopilados no seu albún-disco ” Cancioneiro dos camiños”.
Unha xornada na que participarón socios da entidade, representantes de centros rexionais e autoridades locais, rematando a xornada na que se sirveu un viño Galego e uns petiscos entre os asistentes.
Crónica de Felipe Cid