O Psdeg-Psoe de Ourense denuncia as presuntas irregularidades de contratación pública de Jácome ante o ministerio de facenda e esixe unha auditoría do mandato 2019-2023

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“Tódolos presuntos chanchullos de Jácome foron blanqueados polo Partido Popular nestes 4 anos” lembrou a secretaria xeral da formación en Ourense

O escrito presentado subliña o alarmante aumento da contratación directa, con indicios máis que suficientes da fragmentación de contratos e o falseamento dos presupostos de adxudicación

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 23 de maio de 2023. O PSdeG-PSOE presentou hoxe unha denuncia, ante a Oficina Independente de Regulación e Supervisión da Contratación (OIRESCON) do Ministerio de Facenda e Función Pública do Goberno de España, polo que considera irregularidades na contratación pública realizada polo alcalde nos últimos anos.

A secretaria xeral do partido en Ourense, Natalia González, recordou que “tódalas presuntas irregularidades e chanchullos de Jácome foron blanqueados polo Partido Popular nestes 4 anos” e que foron coñecedores de todo durante este mandato “onde entraron e saíron do goberno dende Feijoo ata Rueda ou Tellado e os representantes do seu partido en Ourense”.

Nesta liña, a tamén voceira do grupo municipal no Concello insistiu en que o propio Miguel Tellado –sendo secretario xeral do PPdeG en maio de 2021–afirmaba  literalmente que tiñan que “devolverlle o honor a Jácome” e que non había “ningunha dúbida sobre a súa legalidade”. Todo isto, incidiu, antes de volver a formar parte do seu goberno e “a sabendas das presuntas irregularidades que estaba a cometer”.

No escrito presentado ante o organismo estatal se subliña: o alarmante aumento da contratación directa, con indicios máis que suficientes da fragmentación de contratos e o falseamento dos presupostos de adxudicación; a omisión en ditos contratos da esixencia dunha mínima publicidade que garantice a libre concurrencia; a redución dos prazos de presentación de ofertas ao mínimo posible, sen ter en conta a complexidade do proxecto ou o desprezo absoluto a informes preceptivos emitidos por órganos municipais (intervención) con severos reparos á prosecución do procedemento ou á proposta xa formalizada.

“O PP e o seu candidato teñen que deixar de tapar, para sacar rédito electoral, o que fixeron. Foron cómplices de Jácome e de todo o dano que se está a facer e se fixo a Ourense. Situáronno na cadeira da alcaldía, formaron parte do seu goberno durante case a metade do mandato e son corresponsables de todo o que está a suceder”, afirmou a secretaria xeral. E engadiu que chegan tarde a denunciar o que xa sabían dende o primeiro ao último dos responsables da formación política.

“Ourense ten unha oportunidade histórica o vindeiro domingo para empezar a mirar cara ao futuro e pasar páxina a Baltar e Jácome. Os culpables do problema non poden ser os responsables da solución. A nosa cidade precisa unha alternativa progresista” finalizou exhortando á cidadanía a mudar o rumbo.