A Fábrica de Papel abriu as súas portas cunha exposición sobre mulleres pesqueiras

A Fábrica do Papel do Carballiño abriu as súas portas por vez primeira cunha exposición. Como nos podía ser doutro xeito, esta primeira mostra fala da orixe da tradición pulpeira, rendendo unha homenaxe ás mulleres desta profesión ó longo da historia. “Mujeres de Marín creadoras de tradición pesquera” é o seu nome e comeza a historia en Marín para chegar ata o Mosteiro de Oseira, conectando ás mulleres da costa cas do interior. A exposición estará no Carballiño dous meses, e polo momento estará aberta so para grupos, tanto escolares como doutros tipos.

Na apertura desta mostra estiveron presentes o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, e a concelleira de Deportes, e tamén pulpeira, Silvia Baranda. A mostra quere poñen en valor, ademais do produto típido desta terra e a súa historia, o valor da labor feminina, moitas veces infravalorada. Son moitos os proxectos ó longo dos últimos anos que visibilizan a aportación das profesionais ó sector da pesca.

AVANTAR ACTIVIDADES