Alumnos do Chamoso Lamas realizan un traballo de fotografía na Confitería Cerviño

Un grupo de alumnos de 3º de ESO do IES Chamoso Lamas está a realizar este curso un traballo de fotografía sobre a Confitería Cerviño e o proceso de elabaoración das súas afamadas “cañas fritas”, coñecidas en toda Galicia e boa parte do estado español, así como noutros países. Levan xa varios meses aprendendo técnica fotográfica e documentándose sobre a tradición no mundo dos doces da familia Cerviño, tradición que está a piques de cumprir cen anos.

Esta semana realizaron a parte final do traballo na propia confitería, que dará lugar despois a una exposición que se exhibirá no propio centro e tamén noutros espazos do pobo. Como outros anos, está actividade enmárcase dentro do Plan Proxecta de innovación educativa, máis concretamente dentro de Fotografía en curso, coordinado polo Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI). Ao igual que ocorreu o ano pasado, tamén están a realizar un documental sobre o mesmo tema, que se estreará ao mesmo tempo que se realice a exposición fotográfica.

AVANTAR ACTIVIDADES