Avelino Muleiro:” A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Avelino Muleiro García :

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

AVANTAR ACTIVIDADES

No artigo anterior tentei explicar o concepto dunha ética discursiva que toma como idea central o concepto de acción comunicativa. Unha acción comunicativa é aquela en que os interlocutores (falante e oínte) buscan o entendemento mutuo como un medio ineludible para coordinar os seus proxectos persoais. Unha parte desa ética está dedicada á fundamentación da moral, que foi o nó fundamental do artigo anterior. En cambio, hai outra parte que se centra na súa aplicación á vida cotiá. E desta imos tratar.

A realpolitik

Nicolás Maquiavelo foi un dos primeiros en defender no seu libro Príncipe a teoría da política real, a realpolitik, á marxe de ideoloxías. Manifestaba que a preocupación dun gobernante (o príncipe) debe ser a de reter o poder para conseguir o beneficio do Estado, marxinando os principios éticos, ideolóxicos e relixiosos por resultarlle inútiles para este fin. Afirmaba que o gobernante debía aprender a utilizar o mal para lograr o ben, utilizando mentiras e trampas para non ser vítima dos enganos dos rivais.

Aproxímanse unhas novas eleccións -municipais en España e autonómicas nalgunhas Comunidades- precedidas por unha campaña electoral previsiblemente exacerbada, frenética, provocativa, agonística… coa única pretensión por parte dos candidatos de conseguir o poder. O poder é aditivo. E onde hai poder, hai loita, independentemente do modo de manifestarse.

A pesar de todo, a convivencia debería respectarse por enriba de calquera ideoloxía, crenza ou interese. Pero a política é unha arte resultante do agregado de figuras humanas tan peculiares e con perfís tan heteroxéneos que na maioría dos casos dificultan o encaixe dese crebacabezas denominado organización social. Non obstante, a humanidade procurou, desde a súa orixe, atinar cos trebellos apropiados para transformar ese arduo encaixe nunha obra artística. Eses trebellos son normas de conduta incorporadas aos códigos morais, custodiados na sacra arca da alianza dentro do santuario da Ética. No seu frontispicio aparece a inscrición: Non te comportes cos demais como non queres que se comporten contigo. Esa é a regra de ouro da convivencia. Nela están implícitos todos os preceptos e normas de conduta para poder gozar dunha boa e desexable vida.

Ao longo da historia occidental eses códigos de conduta foron evolucionando e modificándose radicalmente de conformidade cos modelos filosóficos da ética sobre a felicidade e cos criterios ideolóxicos do pragmatismo político predominantes en cada época. O modelo ideal da felicidade sempre estivo, e segue estando, na conduta individual da persoa. Con todo, non é posible habitar na felicidade sen contar co resto dos humanos cos que convivimos nunha determinada sociedade. E nesta, xoga un papel fundamental a política.

A política e a felicidade

As normas morais establecidas na sociedade son lexitimadas e protexidas polos poderes políticos. Nas sociedades democráticas, os poderes políticos representan a vontade maioritaria dos cidadáns e cidadás, que, consciente ou inconscientemente, no momento de elixir aos representantes deses poderes procuran o ben persoal. No momento de elixir, cada persoa opta por un representante político no que confía como adaíl de defender os seus dereitos. E cando alguén recibe as promesas dun político que vai defender os seus intereses, o normal é que o vote confiando nel. A confianza é unha forma ética de andar pola vida e de colaborar en proxectos e vivencias compartidas. Así funciona unha sociedade sa e así se concibe tamén o modelo social de felicidade.   

Platón afirmaba que cada individuo non se basta a si mesmo, polo que necesita vivir en sociedade. Pero non en calquera tipo de sociedade, senón soamente nunha sociedade xusta, formada por persoas xustas e virtuosas. E niso consistía o obxectivo da súa política, que non era outro que o de propiciar a felicidade dos cidadáns. Na mesma liña se expresaba Aristóteles, considerando a felicidade como o supremo ben e a meta última do ser humano. Na Ética a Nicómaco afirma que “o fin propio do ser humano é a felicidade “ou “vida boa”. E no libro da Política escribe que “existe unha identidade entre o fin da polis e o do ser humano”.

            A política forma parte da estrutura social. Os políticos e as políticas forman parte da sociedade e, por ende, na súa forma de actuar presupóñenselles as mesmas normas morais e criterios éticos que ao resto da cidadanía. En consecuencia, asumindo a ética do discurso como unha teoría da conduta das máis actuáis e ben aceptada socialmente, debemos pensar, e mesmo reivindicar, que os políticos/as deben someterse aos criterios esenciais da acción comunicativa: intelixibilidade, veracidade, verdade e corrección.  

O laboratorio de Maquiavelo

Un precepto dos máis nobres que alberga a sacra arca da alianza do santuario da Ética é a veracidade, sobre a que se iza a bandeira da verdade. Nunca resulta doado atrapar a verdade dada a súa estratexia de excesiva travesura coa que se nos presenta; en cambio, da veracidade somos donos nós mesmos, tendo a capacidade de soltar da gaiola a verdade que cazamos previamente nos nosos propios cotos. Vender manipulada e falsificada a verdade cazada -vender gato por lebre- é un eufemismo da mentira. A veracidade consiste en dicir o contrario do que se pensa. Pódese mentir incluso dicindo algo verdadeiro, porque a esencia da mentira está na distorsión entre o que se pensa e o que se di. Mentir é o máis intolerable en calquera situación por ir en contra da natureza humana. Aristóteles, no seu libro Política, asimilaba a veracidade da linguaxe coa política: zoon politikón (animal social) éjon lógon (por ter linguaxe). Só a través da linguaxe nos convertemos os humanos en sociais, en políticos, interactuando e cooperando. A comunicación é consubstancial coa política xa que a través da palabra podemos expresar o sentido do xusto e do inxusto, do conveniente e do inconveniente. A pesar dese sabio e pragmático precepto, a historia denuncia as incalculables mentiras, manipulacións e falsas promesas utilizadas polo poder. (Aconsello a lectura do ensaio de Hannah Arendt sobre A mentira en política).

            Pero foi Tomás Maquiavelo quen branqueou a mentira como rango político. Explicou, hai máis de cinco séculos, que en política non existe nada tan eficaz como unha sagaz combinación de mentiras e un recurso aos intereses materiais. O político astuto, a diferenza do estadista responsable, procura aproveitarse dos intereses percibidos a curto prazo, non dos intereses reais a longo prazo. Por tal motivo, o político corrupto capta o que Merton denominou Teorema de Thomas, conforme ao cal as persoas reaccionan á forma en que perciben os feitos sociais, pero non aos feitos mesmos. Así se explica que existan tantas persoas que voten contra os seus propios intereses reais, do mesmo xeito que os seguidores e afiliados dun partido político non son indicadores fiables dos intereses materiais que o partido favorece.

Maquiavelo escribiu no Príncipe que os gobernantes (os príncipes) poden mentir se ven en perigo o seu poder; igual que non teñen por que conservar os pactos rubricados se observan que corren risco de perdelo. O poder é sagrado. Esa brega e tesón polo poder maniféstase de maneiras diferentes, desde o consenso ata a confrontación armada. Thomas J. Watson, un dos fundadores de IBM, confesaba na súa autobiografía que non era a riqueza quen o motivaba, senón o poder que lle daba. Nas eleccións, os políticos combaten polo poder e vense motivados por intereses propios ou alleos. Pero saben tamén que quen detenta o poder asume o risco de perdelo. A maioría dos políticos procuran incrementar o poder incluso traicionando os seus principios ideolóxicos ou eliminando aos seus potenciais competidores. Ás veces, mesmo crean ficticios inimigos para demostrar as propias virtudes fronte á imaxinaria perversidade do rival. Hai políticos que prefiren a cooperación á competencia e ao enfrontamento. Outros, porén, cabalgan sobre a gropa da dialéctica agonística centrada no conflito, converténdose, deliberada ou involuntariamente, en prosélitos da ontoloxía de Hegel e de Marx, así como en cómplices de Heráclito, de Hobbes, de Maquiavelo e de Gramsci.

Na obra distópica de Orwell, 1984, podemos ler que “o poder non é un medio, é un fin en si mesmo”. Ao abeiro desta idea, calquera medio vale para acadar o poder. E un deses medios, que sabemos que se usa sen ningún reparo, é a mentira.

A mentira é a melanina da política, fabricada nos laboratorios de Maquiavelo e dos que sae comercializada co nome de “Príncipe”. Grazas ao seu consumo, os políticos broncean os seus discursos, enfeitizan aos ignorantes e vendiman votos. Pero o importante da melanina no corpo humano non é a estética do bronceado, senón un mecanismo de defensa do organismo que serve de protección da pel fronte ás radiaccións ultravioletas do Sol. Do mesmo modo, tampouco a mentira lle resulta fundamental ao político como bronceado, senón como protectora do poder. O seu uso protexe ao político dos perigos que supoñen os seus adversarios respecto ao poder. E así se entenden e litigan todos os políticos. Presumindo de quen está máis bronceado! Mentres, o resto dos cidadáns… quedamos sorprendidos, abraiados, admirados… do seu impactante bronceado. Pero sen entendermos nada dunha conduta que consideramos absolutamente inmoral. E que tragamos!

        Logo, como cidadáns indignados, criticamos, censuramos e reprobamos con criterios éticos esa obscena conduta dos políticos. Xulgámolos como cidadáns, pero eles considéranse unha clase superior como consecuencia dunha imaxinaria emerxencia sociolóxica. Actúan -supoño que inepta e inconscientemente- como se formasen parte dunha clase superior -a política- que emerxe do cidadán, pero que presenta características diferentes ás deste. Dun modo similar a un exército, que se forma con soldados, pero onde o exército aglutina cualidades das que carece o soldado. O exército ten a capacidade de defender un Estado, capacidade da que non goza o soldado. Ou o cerebro, que se compón de neuronas, aínda que como cerebro, emerxente de neuronas, ten propiedades diferentes a cada unha das neuronas que o configuran. O cerebro ten a capacidade de pensar, propiedade que non ten a neurona. Nese contexto, cando condenamos aos políticos polas súas falsas promesas, polas súas desenfreadas mentiras e pola súa obsesión polo poder, eles dirannos que ao xulgalos desa maneira estamos cometendo un erro categorial. Que eles forman parte dunha categoría superior á de cidadán. Eles non son a neurona (cidadán) que non pode pensar (mentir), son o cerebro (política) que pensa (minte), aínda que ascenderan por emerxencia da cidadanía (que ten que someterse á veracidade). Como políticos (categoría superior) elevados desde cidadáns, axústanse ao manual maquiavélico, no que a mentira está autorizada. Non só está autorizada, senón que é de obrigado cumprimento.  

Ante tanto insulto, tanta estafa, tanto engano, tanta desconfianza… só queda apostar pola ética e pola cultura da verdade se queremos curar unha sociedade a punto de entrar na UCI. A ética debe presidir toda conduta humana, con independencia da categoría social ou política na que se realice.

      Remato cunhas palabras do meu amigo Javier Urra nunha emisora de radio a pasada fin de semana: “esta es una sociedad en gran porcentaje inculta, que empobrece su lenguaje y por tanto su capacidad de pensar y de reflexionar… Claro que es necesaria la capacidad crítica y la expresión de la misma.”


Outros artigos de Avelino Muleiro

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.