Nova edición de «Música a flor de pel», de Afundación, que levará actuacións en directo aos centros de educación especial

Esta iniciativa social, que se estende a toda Galicia, achega a música e os seus beneficios a escolares con capacidades diversas

I Os centros de O Pino e Miño, de Ourense, participan nesta edición

AVANTAR ACTIVIDADES

Afundación, dentro do seu compromiso por desenvolver iniciativas de impacto social, pon en marcha desde o 29 de maio, «Música a flor de pel», un programa que levará microconcertos aos centros de educación especial de toda Galicia.

Case 1800 participantes de 24 centros educativos de educación especial están apuntados a «Música a flor de pel», co que esta actividade contou co 100 % de participación destas escolas, xa que na primeira parte da edición estaban anotados os centros restantes.

Afundación pon en marcha este programa desde o coñecemento dos beneficios que a música en directo achega para a xestión das emocións, a diminución de medos e tensións, o desenvolvemento sensorial e perceptivo, o fomento da creatividade ou o reforzo da comunicación, entre outros. Porque todo iso é especialmente relevante nos tempos que estamos a vivir, aproximar a música a estes nenos, nenas e mozas xorde como unha iniciativa tan emocionante como necesaria. En palabras de Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación, «o programa é a evolución lóxica do compromiso de Afundación, como Obra Social de ABANCA, coas artes e a cultura como motor de crecemento persoal, coa atención á diversidade, coa igualdade de oportunidades e coa sensibilidade social».

«Música a flor de pel» é así mesmo un programa creado por Afundación por mor da detección das necesidades específicas dos centros de educación especial que traballan con persoas con capacidades diversas. As limitacións impostas ás saídas escolares e á realización de eventos neste ámbito implicaron unha redución das posibilidades de interacción cultural deste alumnado, para quen a alternativa dixital non é unha opción plena, ao contar coa distancia que impón a pantalla. Así xurdiu esta iniciativa de acudir presencialmente aos centros e que segue centrada en seguir traballando pola plena integración social.

Os centros educativos poderán elixir entre as propostas desenvolvidas polo grupo De T@pas da Fundación Igualarte, o programa ideado por Carlos Quintá e o de Pedro Campos.

Calendario

FECHACENTRO ESCOLARLOCALIDAD
08-junCEE O PinoOurense
08-junCEE MiñoOurense