Información do Centro Sociocomunitario do Carballiño

A vindeira semana abrimos inscrición para dous novos talleres, un con motivo do día internacional do medio ambiente e outro coa conmemoración do San Xoán.

Serán por unha parte un obradoiro de elaboración artesanal de produtos de limpeza naturais, libres de tóxicos que se levará a cabo os mércores de xuño das 17:30 ás 19:30h. E por outra parte, un obradoiro de Tradición e uso fitoterapeutico das plantas máxicas de San Xoán, onde ademáis de elaborar un bálsamo coas herbas adquirirán coñecementos sobre a historia e tradición do ramo e do lume, partilla de saberes así como sobre principios básicos alquimia vexetal: colleita e elaboración das herbas de San Xoán, extraccións en auga e en alcohol, aceites medicinais,..

AVANTAR ACTIVIDADES

Neste caso levarase a cabo o martes 20 ás 17:00 h, con María Fra (Devagar).


A modo de despedida do baile das fins de semana, que para durante os meses estivais, teremos para o domingo 25 de xuño, música en directo co dúo Maratón.

E tamén aproveitamos para convidar a todas as persoas interesadas a achegarse o vindeiro 16 de xuño ó auditorio Manuel María, onde terán oportunidade de coñecer en vivo parte das actividades que realizamos no centro. Teremos exhibicións do grupo de pilates, zumba, canto e pandereta, do grupo de teatro do centro e mais do grupo Tiruleque, así como dos dous grupos de baile moderno das nenas de 6 a 12 anos. Será unha clausura presentada por Alba de Vales, actriz, contacontos e titiriteira e agardamos por todos vos alí.