O candidato do PP César Fernández, sinalou que o domingo “é preciso escoller cambio e estabilidade política para que Ribadavia poida desenvolver todo o seu potencial”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Paula Prado sinala que Ribadavia é “un exemplo claro” de que o PP precisa de maiorías absolutas para ter gobernos “fortes, estables e unidos”

  • A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, desprazouse hoxe a Ribadavia para apoiar ao candidato á alcaldía, César Fernández, e ao seu equipo, nun percorrido pola vila xunto co senador Miguel Ángel Viso e con Gabriel Alén
  • Paula Prado sinalou que Ribadavia “é un exemplo claro de que ao PP non lle chega con ser a lista máis votada”, senón que precisa de maiorías absolutas. No caso de César Fernández, foi nomeado alcalde no 2019, “capaz de facer unha alianza cos veciños e veciñas”, pero despois unha moción de censura evitou que completara a lexislatura
  • Neste sentido, a número dous dos populares galegos indicou que “é fundamental que todas as persoas que queiran un goberno estable voten á nosa forza política, porque é a única forma de que non se fagan alianzas con partidos en minoría de dous, tres ou catro concelleiros”
  • Por iso, Paula Prado apelou ao “voto útil, que se concentre no PP para ter gobernos fortes, estables e unidos”; “no caso de Ribadavia, podemos conseguilo por tan só un puñado de votos”
  • Pola súa banda, o candidato popular á alcaldía, César Fernández sinalou que “o próximo 28 de maio Ribadavia ten que escoller entre continuidade ou cambio”. “Temos a oportunidade de pasar a páxina dos últimos 20 anos do mesmo goberno que non trouxo nada positivo e así cambiar o futuro e o destino de noso concello”, dixo
  • César Fernández sinalou que “estamos pedíndolle aos veciños que fagan o esforzo porque eles, igual ca nós, queren a Ribadavia, e o noso proxecto é o único que realmente permitirá que o noso concello desenvolva todo o seu potencial”
  • “Fronte a un goberno que o único que fai é converterse en vítima por ser mal estudante e dicir que o problema é que o profesor lle ten manía, o que o concello precisa é un goberno ambicioso, e unha estabilidade política para  desenvolver un proxecto de futuro”, rematou o candidato popular