Os premios da Ruta das Tapas xa teñen beneficiario

A Ruta das Tapas do Carballiño chegou á súa fin este ano. Esta mañá, a hostalaría, o concello e o Centro Comercial Aberto fixeron esta mañá o sorteo dos premios. Nesta edición, son especiais, con formato 1+14 amigos. O primeiro deles foi unha comida na romaría das pulpeiras, a cargo da asociación de pulpeiras do Carballiño. Quedaban por sortear unha viaxe ás instalacións de Estrella Galicia e a Pazo Tizón.

Os gañadores foron, no caso da visita a Pazo Tizón, Cristina Rodríguez; e no caso de Estrella Galicia, Elisa Figueiredo. Eles, xunto a 14 amigos, desfrutarán destas experiencias grazas á súa participación cada venres nesta iniciativa.

AVANTAR ACTIVIDADES