Video resumen do acto de entrega a Antonio González (cura de Loureiro) do primeiro Premio Loureiro do Orcellón.

O párroco de Loureiro e promotor da cooperativa do mesmo nome, Antonio González Bernárdez, recibiu o sábado día 20 o primeiro Premio Loureiro do Orcellón.

Grazas a Basilio Cegarra autor do video:

AVANTAR ACTIVIDADES

REPORTAXE QUE FIXO BADAL NOVAS ANTES DA PANDEMIA

O galardón foi creado polo Instituto de Estudos Carballiñeses para distinguir a persoas da comarca pola súa implicación no progreso da mesma e dos seus veciños.

O acto de entrega foi ás doce no centro social do pobo con gran afluencia de veciños e amigos de Don Antonio. Antonio González Bernárdez foi o promotor da Cooperativa Santa Mariña de Loureiro, proxecto que segue en activo e que desde O Irixo fornece diariamente os seus produtos -de leite fresco a kéfir- a supermercados e tendas da provincia de Ourense.