O Carballiño, Punxín e O Irixo necesitan pactos políticos para a gobernabilidade

Despois da xornada electoral do pasado domingo día 28, os concellos contan con vinte días ata a celebración do pleno de consolidación de goberno. Tanto no Carballiño coma no Ribeiro, unha gran parte dos municipios terán de forma sinxela un goberno conformado nos vindeiros días, grazas á maioría absoluta obtida nas urnas.

Pola contra, en tres deles non será tan sinxelo. No Carballiño, a maioría simple do PSOE e a vontade da alcaldía de Espazo Común e PP empatados, fará necesario sentarse a negociar, abrindo un período de incertidume.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Irixo, Manuel Cerdeira do Partido Popular perdeu a maioría e o PSOE e Xuntos polo Irixo contan cun concelleiro máis xuntándose. Polo momento, as posibilidades están abertas: un cambio de rumbo ou un pacto para apoiar a continuidade popular. Polo de agora, a expectativa previa de Manuel Cerdeira non se cumpliu, e tocará esperar.

En Punxín, PP e PSOE contan con tres concelleiros cada un. Compromiso por Galicia, con un concelleiro, é a chave para a continuidade, debendo decidir a cal dos dous bandos apoia.

Os que salvaron a situación nas urnas cunha maioría absoluta foron o Partido Popular de Ribadavia, tumbando o pacto de goberno PSOE e Ribeiro en Común que votou a César Fernández da alcaldía fai dous anos; e tamén Avelino Pazos en Castrelo de Miño, que gobernaba logo dunha moción de censura ó goberno do BNG apoiado polo PSOE.