Cenlle celebra esta fin de semana a 17ª Festa do Viño e a Ruta das Adegas

A Asociación Festa do Viño Tinto de Cenlle organiza para esta fin de semana a 17ª edición desta festa. Dentro da súa organización, destaca a 12ª Ruta das Adegas, que abrirá as portas o sábado, ás 21:00 horas, despois do pregón a cargo de Clodio González.

O domingo, abrirán as súas portas para a degustación de viños e tapas ás 11:00 horas. Tamén haberá unha exposicións de maquinaria agrícola e unha concentración de tractores históricos, para rematar cun xantar popular con pulpo e carne ó caldeiro.

AVANTAR ACTIVIDADES