Comunicado do Bng de Ourense sobre unha convocatoria de reunión prevista para mañá por parte do PP

Ante as informacións xurdidas en torno a unha convocatoria de reunión prevista para mañá por parte do PP e o seu candidato á alcaldía do Concello de Ourense e na que se cita aos cabezas de lista de PSdeG-PSOE e BNG nas pasadas eleccións municipais, o BNG manifesta que neste momento non consta ningunha comunicación por parte do PP e a través de canles oficiais para ser partícipes de dito encontro.

O BNG é unha Organización seria e rigorosa polo que, de recibir dito convite nas vindeiras horas de maneira oficial, valorarase e adoptarase a decisión que se considere máis acaída.

AVANTAR ACTIVIDADES