O alumnado do Conservatorio do Carballiño ofrecerá mañá o seu concerto de fin de curso na Praza da Veracruz

Coa Praza da Veracruz como escenario ofrecerán os alumnos e alumnas do Conservatorio do Carballiño o seu concerto de fin de curso. Será mañá a partir das 20.00 horas cando os músicos demostren todo o seu talento e dende o centro anímase á veciñanza a participar. No caso de que o tempo non acompañe, a actuación trasladarase ao Auditorio Manuel María.

Dende o Conservatorio do Carballiño lembran que para que os máis pequenos se inicien na música ofrécese a asignatura de Música e Movemento, dirixida a nenos de 5 e 6 anos. O prazo de inscrición xa está aberto e os interesados tamén poden anotarse, antes do 9 de xuño, na área de Educación do Concello, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES