Este domingo, 4 de xuño, terá lugar unha ofrenda froral na casa natal de Alfonso Graña “O rei dos xíbaros” en Amiudal-Avión


O motivo é que se cumpren 90 anos dende que protagonizou unha das súas maiores proezas, como foi trasladar desde o Alto Marañón ata Iquitos, cun percorrido de máis de 1.000 km polos ríos Nieva, Santiago, Marañón e Amazonas, en dúas balsas de dimensións descomunais de dous hidroavións siniestrados e o cadáver do piloto Alfredo Rodríguez Ballón, un héroe nacional do Perú.
Graña chegou a Iquitos o 4 de xuño de 1933, hai noventa anos, adquirindo dende entón unha notoriedade extraordinaria.
Nesta ofrenda, na que tamén participarei eu, terá lugar ás 9,40 h. e está organizada polo Museo Etnográfico Pazo da Cruz, de Covelo (Pontevedra), dirixido polo biógrafo de Alfonso Graña, Maximino Fernández Sendín, que tambén organiza no seu museo unha exposición e unha serie de actividades sobre este gran aventureiro ourensán na amazonía peruana.