Catro de catro para Senra e Vázquez no campionato galego tras impoñerse no rallye de Pontevedra

Víctor Senra e David Vázquez, aos mandos do Citroën C3 WRC, foron os gañadores
do Rallye de Pontevedra, cuarta cita puntuable para o Campionato Galego da
especialidade.
Senra e Vázquez firmaron o póquer de triunfos no certame autonómico de 2023, cun
incontestable dominio durante as dúas xornadas que durou a proba, con epicentro en
Sanxenxo.
O equipo do Citroën C3 WRC foi o mellor en todos os treitos realizados (nove, xa que a
segunda pasada por Campolameiro foi anulada) cun crono final de 58:56.27,
aventaxando finalmente ao segundo equipo clasificado, formado por Alberto Meira e
Avelino Martínez en 1:17.964. Os pontevedreses fixéronse co cuarto triunfo
consecutivo no Supercampionato Recalvi R5 e a Pirelli Driver Autia Top Ten A.
Completaron o podio da proba, nunha proba sobresaínte, José Lamela e José Ángel
Fente, que no Skoda Fabia N5 están a confirmar a súa progresión no seu primeiro ano
aos mandos dun vehículo 4×4 e lograron ademáis o triunfo na Garan N5 e a Pirelli
Driver Autia Top Ten B.
Xusto a continuación, no cuarto lugar e moi preto de Lamela, Jorge Pérez Oliveira e
Miriam Vera, no Suzuki Swift N5. Foron quintos clasificados finalmente os becados pola
Federación Galega de Automobilismo, Alexis Vieitez e Cristian Álvarez, no Nissan
Micra N5.
Nos formatos promocionais do campionato galego, primeiro posto dentro da Pirelli
Driver Autia Top Ten C para Raúl Martínez e Bruno Pérez, seguido de David Rivas e
José Vieitez e de José Manuel Pazos e David Calvo.
Na Pirelli AMF, victoria para Dani Álvarez e Adrián Vázquez. A continuación, Marcos
Sanromán e Unai Conde e David Amenedo e Antía García.

Joaquín Pérez Rey e Adrián Muñiz leváronse un triunfo rotundo no Volante FGA,
seguidos de Álvaro Castro Laíño e Isidro Rey (Primeiro na PXP23) e Roberto Suárez
con Cristian García.
Por último, na segunda proba do Criterium Recalvi / Beca 24, apaixoante loita polo
primeiro lugar da clasificación, que finalmente caeu do lado de Adrián Vázquez e
Melissa Lorenzo (Primeiro na Beca 24), con Adrián Torreiro e Pedro Rivas no segundo
posto e Beni Porto e Ricardo Estévez, terceiro.
Declaracións dos principais equipos
Víctor Senra (1º Clasificado): “Un rallye perfecto aínda que estivo moi complicado. O
obxectivo era gañar para seguir sumando e acadar o séptimo título. Quero agradecerlle
ao meu equipo e ao meu copiloto David Vázquez o traballo realizado.
Alberto Meira (2º Clasificado): “Obxectivo cumprido. Con Víctor e o WRC é imposible
gañarlle se non lle pasa nada, pero moi contentos. Levamos unha semana moi
axetreada pero o equipo traballou a perfección e o coche foi moi ben. A pensar no
Surco”.
José Lamela (3º Clasificado): “Estou moi contento, xa estaba ben de cuartos postos.
Penso que foi un rallye moi positivo para nós. Estamos andando bastante rápido e as
cousas están saíndo ben e agardo que fagamos un bo rally Sur do Condado”.
Raúl Martínez (Top Ten C): “A mañá foi bastante ben pero cando comezou a chover
fomos un pouco máis tranquilos. Con este triunfo, no rally da casa, recuperamos un
pouco a moral e xa pensamos no Sur do Condado”.
Dani Álvarez (Pirelli AMF): “A fin de semana foi moi ben. O venres saimos moi lentos
pero soubemos recuperalos. Foi unha lástima o abandono de Pampi e de Álvaro, pero
o final foi unha loita entre Marcos e máis eu xa que el estaba rondando fortísimo”.
Joaquín Pérez (Volante FGA): “Foi un día complicado, pero sempre acertamos cos
neumáticos. Son unha persoa moi competitiva e afronto todas as probas igual, imos ao
Sur do Condado coa mesma mentalidade”.
P á x i n a 2 | 3
Adrián Vázquez (Criterium Recalvi / Beca 24): “Foi mi difícil, Adrián púxonos as cousas
moi difícil e demostramos que cada vez temos máis ritmo. Apretamos o máis posible e
o final fixémonos coa victoria.
Clasificación Final Rallye de Pontevedra
1.- Víctor Senra – David Vázquez // 58:56.27
2.- Alberto Meira – Avelino Martínez // +1:17.964
3.- José Lamela – José Ángel Fente // +2:53.741
4.- Jorge Pérez Oliveira – Miriam Vera // +3:19.954
5.- Alexis Vieitez – Cristian Álvarez // +3:48.963
Clasificación provisional do Campionato Galego despois de catro probas:

  1. Víctor Senra // 164
  2. Alberto Meira // 140
  3. José Lamela // 101
  4. Javier Ramos // 58 (si hace sexto)
  5. Alexis Vieitez // 51