Homenaxe a Alfonso Graña en Amiudal para conmemorar o noventa aniversario da súa maior proeza: trasladar en dúas balsas dous hidroavións militares siniestrados e o cadáver embalsamado dun heroe do Perú polos ríos Nieva, Santiago, Marañón e Amazonas ata Iquitos.
Foi un 4 de xuño de 1933, que era tamén domingo e coincidía coa festividade de Nosa Señora de Lodairo en Carballeda de Avia.
Unha coroa de loureiro coas bandeiras de España e Perú aos lados (tal e como fixera Graña na balsa que transportaba o féretro e un dos avións), foi colocada no lugar de nacemento do aventureiro ribeirán, onde só queda unha placa sobre un pedestal de pedra rústica.
A convocatoria realizouna o biógrafo de Alfonso Graña, Máximino Fernández Sendín.