No concello de Cea: Aprobación das Bases reguladoras da creación dunha bolsa de emprego para a contratación de auxiliares do servizo de axuda no fogar

Expediente 360/2023. Creación dunha bolsa de auxiliares de axuda a domicilio
Mediante a Resolución da Alcaldía do 24/05/2023, aprobáronse as “Bases reguladoras da creación dunha bolsa de emprego para a contratación de auxiliares do servizo de axuda no fogar do Concello de San Cristovo de Cea”, como persoal laboral temporal, por circunstancias da produción ou por substitución da persoa traballadora.
O prazo de presentación de solicitudes é de cinco (5) días hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As bases póñense á disposición dos/as interesados/as, na Secretaría do Concello de San Cristovo de Cea e no taboleiro de anuncios da sede electrónica da entidade: concellosancristovodecea.sedelectronica.gal