O ourensán Abrahán Vázquez imponse no inicio do campionato galego de montaña

A Subida a Escusa Poio marcou o inicio do Campionato Galego de Montaña cunha
xornada única de competición na que o vencedor final foi o ourensán Abrahán
Vázquez, aos mandos do Fórmula Dicode.
Vázquez mantivo unha fermosa loita con outro ourensán, Jorge Fernández, que
finalmente foi segundo clasificado no cómputo xeral da proba.
O terceiro escalón do podio foi para Alexis Vieitez, nun debut cheo de problemas
mecánicos no espectacular Celtic.
Alfonso “Pisko” Ventín aos mandos do Yacarcross foi cuarto clasificado e Jesús
Pombo, na estrea do fermoso Tatuus FR, quinto. O do fórmula foi a sensación do inicio
do certame, nunha carreira que se tomaron como toma de contacto co monoplaza.
Sexto clasificado e primeiro da categoría de carrozados foi Jorge Pérez Alonso, aos
mandos do Porsche 991 GT3 Cup. Precisamente na categoría de carrozados o
segundo clasificado foi Manuel Senra co Peugeot 306 Maxi e terceiro o ourensán Javier
Carballo, co Ford Escort MkI. O seu irmán Juan Manuel Carballo, foi cuarto clasificado
desta categoría no Fiat 131 Abarth.
A seguinte data do certame autonómico será na primeira fin de semana de xullo coa
celebración da Subida a Pontenova.