Despois da última reunión entre Espazo Común e o PP na que non chegaron a ningún acordo para a gobernabilidade, Espazo Común anuncia que preguntará á militancia pola decisión a tomar.
“As eleccións do pasado 28 de maio deixaron no Concello do Carballiño un evidente empate técnico entre as tres forzas principais: PP, PSOE e Espazo Común.
Unha situación que requería diálogo para a constitución dun goberno forte e experimentado que recuperara o tempo perdido estes últimos anos.
Sen embargo, nin PSOE nin PP foron quen de entender o mandato dos cidadáns e decidiron enrocarse en posturas inmobilistas conscientes de antemán de que iso bloquearía calquer hipotético acordo.
Nin Fumega tivo nunca intención de dar un paso a un lado, nin Lino González da dalo cara adiante.
Así pois, chegados a este punto, e respectando absolutamente os posicionamentos internos de cada partido na defensa dos seus propios intereses, Espazo Común manterá unha reunión cos seus militantes esta tarde ás 20:00 h. na que se fará unha exposición pormenorizada da situación e se adoptará a decisión máís axeitada para o futuro do Carballiño”.