A Xunta adxudica por máis de 94.000 € a obra de humanización da praza pública de Meréns, en Cortegada

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Galicia acaba de adxudicar por máis de 94.000 euros a obra destinada á humanización da praza pública do núcleo de Meréns, no municipio de Cortegada, tal e como recolle o convenio asinado o pasado mes de abril entre o Goberno autonómico e o Concello.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O obxectivo é mellorar a accesibilidade a un espazo que na actualidade se destina a aparcadoiro e a actividades sociais como a elaboración de alfombras florais, e ao redor do cal se sitúan varios elementos do patrimonio cultural municipal como hórreos e a Casa Grande dos Sarmiento.

A actuación, que conta cun prazo de execución de 5 meses, consistirá na renovación do pavimento con lousas de granito silvestre, a canalización soterrada das liñas, a instalación de luminarias LED encaixadas no chan e a construción de bancos de granito e a colocación sobre soleira de formigón.