O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da exposición ‘coñecendo a Ribeira Sacra’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da exposición final do proxecto ‘Coñecendo a Ribeira Sacra’ do CEIP  O Couto.

‘Coñecendo a Ribeira Sacra’ é un proxecto do centro escolar levado a cabo durante todo o curso, coa intención de dar a coñecer a toda a comunidade educativa esta riqueza cultural que foi proposta como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O proxecto fomenta o papel activo e cooperativo do alumnado, potenciando o desenvolvemento sostible, a conciencia medioambiental e a educación patrimonial. Todas as celebracións realizadas durante o curso escolar, estiveron vinculas a este proxecto aberto e libre, que como produto final materialízase nunha exposición aberta a toda a comunidade educativa para compartir os traballos.