O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Por unha banda, a última estrea de aventuras “The Flash”. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas e o luns, mércores e xoves ás 19:00 horas.
Por outra banda, “La mujer de Tchaikovsky”. Rusia, século XIX. Antonina Miliukova, unha moza rica e brillante, casa co compositor, pero o amor que sente por el convértese nunha obsesión e atópase cun vehemente rexeitamento.
Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 19:00 horas e ás 22:00 horas e o luns, mércores e xoves ás 22:00 horas.