Sporting Carballiño e Atlético Arnoia dispútanse a final da Copa Deputación

Esta fin de semana, o Sporting Carballiño pode repetir un soño xa gañado noutra ocasión. Xogarán a final da Copa Deputación, que ademais será fronte a outro grande da nosa contorna, o Atlético Arnoia. Finalmente, o encontro será mañá sábado, ás 19:00 horas, no estadio de Espiñedo.

Mañá sábado, dende as 11:00 horas, estarán na Praza Maior cunha previa cos xogadores e vendendo entradas.

AVANTAR ACTIVIDADES