Esta semana, a Pista Vermella do Carballiño volveu a revivir bos tempos ao encherse de xogadores de baloncesto. Traouse dun torneo, no que participaron 14 equipos. O que sorprende deste feito foi a súa organización. A través da rede social Instagram foron eles mesmos, os mozos, os que se mobilizaron.
Alí reunidos estiveron compoñentes do Club Baloncesto Maside, e tamén puidemos ver a algún ex xogador do COB. Foi tal a resposta a esta chamada que lograron a participación de 14 equipos, e incluso algúns dos compoñentes viñeron dende Santiago de Compostela para xogar e volveron a marchar.
Con esto quixeron amosar que no Carballiño hai afección por este deporte, que non é minoritario, e que a adecuación de infraestruturas ou apostar por unha escola ou club de baloncesto sería unha iniciativa que tería unha gran resposta no municipio.