O Consello de Ministros fai oficial o fin do uso da máscara pola covid-19

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Xa é oficial. O uso de máscaras deixa de ser obrigatorio nos centros de saúde, centros sociosanitarios e farmacias, tras a publicación da medida onte mércores no BOE.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Despois de 1.207 días, o Consello de Ministros deu por finalizada a emerxencia sanitaria pola Covid-19 en España, segundo anunciou o ministro de Sanidade, José Manuel Miñones.

Seguirase recomendando o uso de máscaras para as persoas que traballan en unidades de coidados intensivos e en unidades con pacientes vulnerables; urxencias hospitalarias ou de atención primaria, incluída a sala de espera; centros residenciais para maiores e persoas con discapacidade e persoas sintomáticas cando estean en espazos compartidos e profesionais que as atendan.